O Partido Socialista nunca vai a apoiar modificacións pouco claras nos documentos do PXOM de Salceda

Santos Héctor subliña que o Partido Socialista nunca vai a apoiar un documento inicial do PXOM que nin tan sequera foi consensuado cos veciños e veciñas de Salceda e que, en todo caso, o alcalde é o máximo responsable de que Salceda aínda careza dunha ordenanza de urbanismo e “nunca a oposición”.

“O alcalde –sinala o voceiro socialista- xa coñecía a posición do Partido Socialista en relación coa modificación puntual da zona industrial de O Cerquido, xa que na comisión informativa xa advertiron que apoiaban o polígono industrial pero sen engadir un terreo alleo que ademais está incluído na rede natura e cunha sentencia do TSXG declarándoo non industrial”.

O máximo voceiro dos socialistas na provincia, que mantivo un encontro coas concelleiras de Salceda, condena a actitude do alcalde que para o pleno para permitir que unha empresa presione o PSOE para non votar a favor dos seus intereses.

Lamenta ademais que un alcalde “que tiña que dar exemplo” sexa todo o contrario, mostrando sempre unha falla de respecto ás concelleiras da oposición.

Por outra banda, en relación coas alusións do Sr. Alcalde a executiva provincial do partido socialista, o voceiro da provincial pide que se respecte a organización interna dos socialistas, “como fixemos nos en todo momento coa súa”- engade.

Santos Héctor recorda ao alcalde de Salceda que non ten maioría para gobernar “co rodillo” e, polo tanto, ten que facer un exercicio de negociación e consenso “algo que a vista do resultado do pasado pleno, non fixo”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *