Santos Héctor cualifica a Alfonso Rueda como o manporreiro político de Feijóo

O voceiro do PSdeG-PSOE na Deputación de Pontevedra, Santos Héctor, cualificou hoxe ao presidente do PP a provincia,  Alfonso Rueda como “manporreiro político de Feijóo en Pontevedra” en resposta as súas críticas vertidas contra a institución provincial e a súa presidenta.

Santos Héctor asegurou, en rolda de prensa, que o PP entrou en pánico ante as próximas eleccións e que está tratando de facer unha campaña de desprestixio da presidenta da Deputación Carmela Silva, porque  “saben que a nova Deputación de Pontevedra funciona e con proxectos en marcha que non só aplaude a cidadanía senón moitos dos alcaldes do Partido Popular”.

“Sabemos os métodos que usa o señor Rueda –subliñou o voceiro socialista- e o que ten que saber o novo Presidente provincial do PP é que non nos vai a atemorizar coas súas estratexias autoritarias baseadas na mentira e a descualificación. O que nos preocupa é que o vicepresidente da Xunta tivese que caer tan baixo e vir a ensuciarse na area ante a evidencia de que perden apoio electoral”.

Santos Héctor respondeu as protestas da oposición na Deputación de Pontevedra recordando a totalidade de medios materiais e técnicos cos que contan os grupos “algo que nos últimos oito anos non tíñamos”. O voceiro socialista recordou que dende que Carmela Silva chegou a institución provincial considerouse necesario que a oposición contará cos medios necesarios para desenvolver as súas funcións e así teñen os deputados teléfono móbil e ipads con conexión a internet, ademais de dispor de 70 metros cadrados con despachos e zonas de traballo “cando nos últimos oito anos o PSOE só tiña un despachito de 17 metros cadrados”.

O grupo popular ten catro salarios para os seus deputados. Luis Arangunde ten un salario de  60.416 euros;  Ángel Moldes un  salario de 30.208 euros;  José Enrique Sotelo outro  salario de 30.208 euros; e  José Manuel Figueroa  ten  salario de 60.416  euros. Tamén dispoñen de dous asesores, o expresidente Rafael Louzán e o ex xefe de gabinete, Luis Serantes que cobran un salario de  43. 935 euros anuais.

 

Para rematar o voceiro dos socialistas da Deputación de Pontevedra recomendou ao vicepresidente da Xunta e presidente provincial, Alfonso Rueda que aproveite as datas festivas da semana santa para darse una volta polos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo, e probe a comida, ou por Montecelo e lles explique os doentes  para cando a ampliación. “Pode visitar tamén algúns colexios e centros de saúde e que explique canto diñeiro vai poñer a Xunta para arranxalos, percorrendo as estradas da Xunta na provincia que seguen en estado deplorable”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *