David Regades reclama dous equipos máis na provincia de valoración médica das peticións de axudas socio-sanitarias

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra, David Regades, subliñou hoxe que a provincia necesita alámenos dous equipos de valoración médica das persoas que necesitan as axudas da Lei de Dependencia, xa que neste intre preto de dez mil persoas están pendentes dunha valoración socio-sanitaria.

 

Así o manifestou hoxe en Pontevedra, onde compareceu en rolda de prensa xunto a deputada autonómica Patricia Vilán, para denunciar o abandono que á Xunta de Núñez Feijóo e Alfonso Rueda ten sometida as persoas que necesitan as axudas da lei de Dependencia “que ademais coinciden que son persoas moi vulnerables”. O secretario xeral provincial recordou que “o gran hachazo a Lei de Dependencia de Rodríguez Zapatero xa se iniciou en 2012 da man dos gobernos do Partido Popular co recorte das prestacións en máis dun quince por cento e que continuaron ao longo dos pasados anos”.

 

Dende ese ano os orzamentos continúan baixando e o máis preocupante e que “ademais o grado de execución e moi baixo como o demostra que o ano pasado o goberno deixara de gastar máis de 44 millóns de euros en materia de dependencia”, subliñou Regades. O voceiro dos socialistas cualificou a situación da provincia de Pontevedra de moi lamentable porque preto de dez mil persoas están sen avaliar porque os servizos EVO non son capaces de tramitar todos os expedientes que se presentan de xeito anual pero tamén pola situación de desamparo que viven aqueles outros que teñen recoñecida algún tipo de prestación económica ou da carteira de servizos pero que aínda non poden desfrutala. “Son persoas maiores que en moitos casos chegan a morrer antes de poder cobrar a prestación”.

 

Por esta situación, Regades anunciou que o Partido Socialista vai impulsar varias iniciativas en todos os concellos da provincia de Pontevedra reclamando á Xunta de Galicia a dotar a provincia de outros dous equipos de valoración para reducir as listas de espera e de máis recursos para atender aqueles dependentes  que permanecen sen ningún tipo de asistencia socio-sanitaria.

 

Pola súa banda, a deputada Patricia Vilán, anunciou tamén que preguntarán ao conselleiro de Política Social pola situación da provincia de Pontevedra e os seus equipos de valoración da dependencia polos retrasos que sofren a tramitación dos expedientes. Ademais denunciou as situacións do centro de atención de menores “Avelino Montero” e da  residencia de Maiores de Pontevedra que presentan un abandono moi grave das súas instalacións. A deputada reclama da Xunta de Galicia un plan de melloras e arranxo das instalacións para darlle a “dignidade necesaria a ambas instalacións”.

 

Vilán denunciou tamén o que considera unha política de abandono nun intento dunha posible privatización dos servizos por parte da Consellería de Política Social.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *