David Regades subliña que o Partido Socialista está “preparado, forte e cohesionado” tras os procesos de renovación das estruturas de dirección de toda a provincia

David Regades, secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra subliñou que o Partido Socialista, tras a conclusión de todos os procesos de renovación das estruturas de dirección da provincia a nivel local, está “preparado, forte e cohesionado para afrontar as futuras eleccións municipais de xuño de 2019”.

Regades salientou, na celebración da executiva provincial celebrada en Vilaboa, que o proceso orgánico está rematado coa renovación das estruturas de dirección das agrupacións locais e que “o noso traballo a partires de agora vai ser a preparación das eleccións locais”.

O secretario xeral asegurou que o Partido Socialista ten como reto seguir aumentando a súa base electoral nas eleccións municipais para superar ao Partido Popular e ser primeira forza na provincia. Regades recordou que na actualidade os socialistas gobernan a dous de cada tres cidadáns da provincia.

Igualmente o secretario provincial anunciou que o Partido está preparando a celebración dunha conferencia de política municipal no que participarán todos as agrupacións locais e contará con membros do PSOE que podan plasmar as súas experiencias e opinións sobre os gobernos municipais. Esta conferencia, a xuízo de David Regades, marcará o inicio da labor de traballo de cara as eleccións municipais.

Por outra parte, a executiva provincial organizou catro areas de traballo, agrupadas en política de Igualdade; política Transparente; política para Acción Electoral; e a área para Política Territorial.

Por último, David Regades informou a executiva provincial da dimisión do secretario de organización do cal subliñou que “sempre contará coa miña amistade e apoio para ser o próximo alcalde de Ponte Caldelas con maioría absoluta”.

A executiva nomeou a Luis Piña, que xa ostentaba a vicepresidencia de dinamización da militancia, como o novo secretario de organización.

Por outra parte e tras a conclusión da executiva, por primeira vez, abriuse unha asemblea dos militantes da comarca do Morrazo cos propios integrantes da dirección provincial. Nesta xuntanza, preto dun cento de os militantes da comarca poideron falar cos membros da executiva e co seu secretario xeral a cabeza de todas as súas inquedanzas.

Regades salientou que este tipo de asembleas de toda a militancia coa dirección provincial é unha forma de ter un contacto directo con cada un dos membros do partido e que dun xeito aberto e de debate podan falar e preguntar sobre aquelas cousas que preocúpanlles. De feito estas xuntanzas van repertirse naquelas localidades onde a executiva realice as súas xuntanzas fora da capital.

Os militantes mostraron a súa satisfacción por esta xuntanza aberta nas súas intervencións e expresaron o seu agradecemento a executiva por “baixar a area” e explicar as bases as decisións políticas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *