Nova executiva do PSdeG-PSOE en Moaña

A asemblea de militantes da agrupación local de Moaña elixiu hoxe a súa nova executiva municipal nacida do consenso e da unidade de todo o Partido Socialista. O novo secretario xeral será o concelleiro, Ezequiel Fernández que presentou unha candidatura de unidade e de consenso para relanzar o Partido Socialista cara as próximas municipais.

O secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, que participou na asemblea, felicitou ao novo secretario e a todos os participantes polo compromiso adquirido ao sumarse ao proxecto de Ezequiel Fernández nun proceso de clara unidade.

A nova executiva está composta, ademais do secretario xeral, por Gloria Chapela, secretaria de organización electoral; Marta Freire, secretaria institucional; Salvador Meira, secretario de política municipal; Isabel Cruz, secretaria de Igualdade; Francisco Osorio, secretaría económica; e os vogais José Manuel Ogando, Sara Juancal, Dolores Miranda e Julio Martínez.

Este proceso de unidade foi cualificado por David Regades como unha mostra de que “o partido socialista en Moaña está vivo e de que afronta un proxecto político para gañar a alcaldía nas próximas eleccións municipais”.

Regades salientou que “desta asemblea sae unha executiva comprometida e cun proxecto claro o que demostra que os militantes de Moaña sodes uns valentes e que ides traballar arreo para situar o Partido Socialista na alcaldía”.

Pola súa banda o novo secretario xeral agradeceu o apoio dos compañeiros e compañeiras da agrupación e pediu a colaboración de todos e todas “para facer chegar a todos os veciños e veciñas o noso traballo dende as concelleiras e facer chegar tamén os valores do Partido Socialista”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *