Os socialistas da provincia de Pontevedra elixirán o sábado a súa nova comisión executiva e outros Órganos de xestión

Os socialistas da provincia de Pontevedra elixirán o sábado día 16 as súas novas estruturas de xestión tras as primarias a secretario xeral, celebradas o pasado día tres de decembro,  nas que saíu elixido David Regades.

O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a celebración deste terceiro congreso provincial ao que están citados preto de 240 delegados en representación da totalidade de agrupacións locais do PSdeG-PSOE da provincia.

Neste congreso, ademais de aprobar os novos estatutos provinciais, aprobarase un relatorio político que fixa o marco de actuación dos socialistas nos próximos anos. Ao mesmo tempo renovaranse as estruturas de xestión do PSdeG-PSOE da provincia entre as que se inclúe a nova Comisión Executiva Provincial, que acompañará a David Regades na dirección do partido.

O Congreso abrirá as súas portas as nove da mañá coa constitución da mesa do congreso e a posterior intervención do secretario xeral saínte, Santos Héctor, que ofrecerá a xestión dos últimos cinco anos o fronte do partido.

Posteriormente celebraranse as comisións de traballo de estatutos e do relatorio político nas que se analizarán as posibles emendas que os militantes presentarán nas asembleas locais.

Esta previsto que entorno as 13 horas se coñezan os resultados  das votacións para a elección dos órganos de xestión e a continuación procederase a clausura coa intervención do novo secretario xeral, David Regades.

Un comentario

  1. Mr WordPress dice:

    Hi, this is a comment.
    To delete a comment, just log in and view the post's comments. There you will have the option to edit or delete them.

Los comentarios están cerrados.